viernes, 21 de septiembre de 2012

:. Estrela .:

"Estrela que moito brillas
no ceo escuro da noite.
Faro das sombras perdidas
entre os silveiros do monte.
Pequena luz dos meus soños,
que nos miras desde lonxe.
Ovelliña do rabaño
que no meu xardín reloce.
Estrela que tanto brillas,
que nin as nubes te cobren,
alumea este camiño 
por onde hei camiñar hoxe."
                        ~Rosalía de Castro (Rexurdimento)

E non sei qué pensar.
Porque che miro aos ollos e non creo nas súas pupilas.
A túa pupila non é azul, senón negra.
Porque cada vez que miro os teus labios, non podo seguir falando.
Porque canto máis penso, menos existo dentro da miña sombra.
A miña mirada baleira golpea ao chan con bágoas de orchata.
Os teus ollos distraídos seguen o rastro das pegadas.
E simplemente preguntas se acontece algo.
E non sei qué pensar.
Porque canto máis pregunto, máis nomeas aquela muller.
Porque o que eu sinto para ti non é novo.
E penso que as miñas novidades son os teus clásicos, aínda que sei que non é así.
Déixame chorar. Déixame afundirme na escuridade do meu cuarto mentres recordas as agridoces noites con ela.
Déixame chorar. Déixame saber se o amor vén e vai, ou desleita outros amores para esquecer os suspiros pola ventá nos días de chuvia.
Déixame saber se unha noite fogosa de paixón desenfreada de verdade significa tanto e tan pouco.
Só quero un por qué.
Nada máis.
Só quero saber se o tuo amor é o que ti dis que é.

No hay comentarios:

Publicar un comentario